Exposición Sopros de Nadal

Actualizado 09/12/2014 00:00

museo de pontevedra

A exposición Sopros de Nadal que se presentou por primeira vez no Nadal do pasado ano no Museo de Pontevedra, poderase visitar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, desde o 11 de decembro ó 11 de xaneiro.

Está integrada por adornos de cristal para árbore de Nadal, soprados e pintados de xeito artesanal.

Premer nas imaxes para agrandalas

A mostra mantén o espírito da edición pasada pero inclúe novas pezas que non puideron contemplarse naquela ocasión. Iso non só obedece a que a colección privada á que pertencen está viva e en crecemento, senón tamén á temática específica á que está vinculado este museo vigués.

Un percorrido pola exposición permitiranos coñecer cómo naceu e evolucionou desde o século XIX esta arte vidreira, descubrindo ademais, a través de pezas creadas nos mellores obradoiros que existen na actualidade, lendas e historias que nos falan dos protagonistas e das tradicións do Nadal.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra