O xoguete español. Un século de historia (1880-1980)

Actualizado 11/12/2014 00:00

museo de pontevedra

Nesta exposición, que se presenta por primeira vez no Museo de Pontevedra, pódese contemplar unha selección dos mellores xoguetes e fabricantes españois dos século XIX e XX pertencente á colección Quiroga-Monte.

Nela o visitarte poderá facer un recorrido por unha parte da historia contemporánea de España a través dos seus xogos e xoguetes xa que estes constitúen un fiel reflexo dos comportamentos, costumes, modas, sucesos e inventos ocorridos entre os anos 1880 e 1980.

Premer nas imaxes para ampliar

Poderán contemplarse vehículos de xoguete que reproducen os modelos de cada época, (coma coches e camións, trens, barcos, avións, dirixibles, hidroavións, helicópteros, vehículos espaciais), cociñas que reproducían con fidelidade os prototipos dos fogares españois do momento, bonecas e bonecos cos que se poden coñecer os vestidos infantís máis característicos, dioramas e xogos de mesa.

Tamén pode o espectador observar, nos xoguetes nos que tamén están representados os diferentes oficios e personaxes, as técnicas de elaboración e os materiais empregados en cada momento: folla de lata, cartón, madeira, plástico.

A colección Quiroga-Monte (www.quirogamonte.com) composta a día de hoxe por máis de 1.500 exemplares orixinais, constitúe un dos mellores e máis completos patrimonios privados sobre o xuguete, a boneca e a cultura infantil de ámbito español. Abrangue 125 anos (1860-1985)

VISITAS GUIADAS

Dende o venres 19 o Gabinete Didáctico do Museo levará a cabo todos os venres ás 19:00 h e os sábados ás 18:00 h visitas guiadas para todos os visitantes individuais que o desexen. Non se precisa inscrición previa.

As persoas que queiran asistir ás visitas guiadas que os comisarios da mostra realizarán os días 16 de xaneiro (ás 19:30 h), e 17 de xaneiro (ás 12 h) deben anotarse chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es

Os grupos que desexen realizar visitas guiadas polo Gabinete Didáctico poden facelo a calquera hora dentro do horario de apertura do Museo ó público concertando previamente cita.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra