Contos infantís ó piano

Actualizado 12/12/2014 00:00

museo de pontevedra

Trátase dun espectáculo que integra literatura, música e pintura, centrado no conto infantil Unha semana do pequeno elfo Cerra - Ollo de Hans Christian Andersen.

Nel o dúo de piano a catro mans Pérez & Rejas (Constantino Pérez Murás e Patricia Rejas Suárez) interpretará en directo a versión deste conto realizado polo francés Florent Schmitt ó tempo que se proxectarán as imaxes creadas pola pintora Marta Román Cid, inspiradas tanto nos contos como na música que os acompaña. A narradora Icíar Borges irá relatando cada unha das escenas que a música describe.

A duración será duns 45 minutos.

Domingo 21 de decembro.

Sexto Edificio ás 18:00 h.

Entrada libre ata completar aforo.


Picar nas imaxes para amplialas e velas enteiras

Ver máis información sobre este espectáculo en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra