Presentación de Cartas habidas (1953-1990)

Actualizado 12/12/2014 00:00

museo de pontevedra

O luns 15, ás 20 h, preséntase no Sexto Edificio o libro "Cartas habidas (1953-1990) " que recolle a correspondencia entre Antonio Blanco Freijeiro e Isidoro Millán González-Pardo

Isidoro Millán González-Pardo (Pontevedra, 1922-Santiago,2002) e Antonio Blanco Freijeiro (Marín,1923-Madrid,1991) foron dous dos máis grandes especialistas do seu tempo nas áreas que cultivaron. Interesados ambos os dous polo mundo antigo en xeral e polo clásico en particular, mantiveron unha estreita relación dende a infancia.

O epistolario que nos seus coñecidos Cadernos publica o Centro Ramón Piñeiro é unha mostra fidedigna desa fraternal relación e, sobre todo, da súa enorme erudición.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra