Simposio Opus Monasticorum

Actualizado 15/12/2014 00:00

museo de pontevedra

Do 15 ó 17 de decembro, organizado polo grupo de investigación Iacobus da USC, celébrase en Santiago de Compostela e Pontevedra o simposio Opus Monasticorum, na súa oitava edición.

O programa do martes 16 desenvolverase en Pontevedra. En sesión de mañá os asistentes ó simposio visitarán o mosteiro de San Xoán de Poio e o Museo de Pontevedra e, pola tarde, intervirán no salón de actos do Sexto Edificio como relatores Francisco Ollero Lobato, Ángeles Tilve Jar e José Carlos Valle Pérez.

O simposio centra a súa atención nas diferentes contribucións que as ordes relixiosas realizaron ó patrimonio cultural indistintamente que estas sexan desde o punto de vista artístico, histórico, literario, musical, filosófico ou teolóxico.

Proponse como un punto de encontro e reflexión para diferentes especialistas que poidan aportar unha nova mirada ó rico universo cultural creado en torno a ordes relixiosas como os beneditinos, bernardos, franciscanos, dominicos, xesuítas, etc.

Ver programa completo en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra