Diversa. Arqueoloxía dende o Incipit alén Europa

Actualizado 19/12/2014 09:00

museo de pontevedra

A través de diferentes imaxes esta exposición presenta proxectos de investigación que son portas para descubrir a diversidade no tempo, no espazo, no saber... mesmo na forma de abordar a investigación.

Estas portas lévannos á montaña sagrada de Ikh Bogd Uul (Mongolia), ás paisaxes agrarias do Deserto de Atacama (Chile), ás orixes da monumentalidade nas Terras Baixas do Cono Sur Americano (Uruguai), ás sociedades da Idade do Ferro do Estuario do Muni (Guinea Ecuatorial), ás minorías étnicas da fronteira etíope-sudanesa, a Costa Rica, Perú, Xordania e máis Turquía.

Tamén se inclúen investigacións de arqueoastronomía e estudos comparativos de procesos de participación das comunidades locais e do público na construción de patrimonio e na investigación científica.

As imaxes proceden de proxectos de investigación arqueolóxica e etnoarqueolóxica realizados polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC.

A motivación destes traballos no ten nada que ver coas antigas arqueoloxía ou antropoloxía colonialistas europeas, que saían ó exterior para preparar mellor o proceso de dominación das sociedades non occidentais, e así nutrir o proceso europeo de crecemento e desenvolvemento a costa delas. Ó contrario, situados na experiencia dunha sociedade

cada vez más multicultural, a exposición é produto da obriga dos investigadores e investigadoras para saír fóra da nosa contorna habitual e revisar os nosos temas e problemas de estudo desde unha perspectiva externa.

Arredor desta exposición o Incipit e a Deputación de Pontevedra organizan o seguinte programa de conferencias que se realizará no salón de actos do Sexto Edificio:

11 de decembro: Felipe Criado Boado, director del Incipit: Entre Galicia e a Illa de Pascua. Galicia, Uruguai, Arxentina, Chile: orixes e significación da arquitectura monumental.

18 de decembro: Alfredo González Ruibal, científico titular do CSIC no Incipit: Osos máxicos: cemiterios da Idade do Ferro en Guinea Ecuatorial.

15 de xaneiro: César Parcero Oubiña, científico titular do CSIC no Incipit: Regando o deserto. Formas de vida e de produción no altiplano andino en época preincaica.

22 de xaneiro: César González García, investigador de posdoutoramento Ramón y Cajal do CSIC no Incipit: Orientatio ad Sidera: o ceo e as sociedades do Oriente Próximo antigo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra