Presentación do libro Club Cisne Balonmano “50 años de historia”

Actualizado 23/12/2014 10:00

museo de pontevedra

O venres 26 de decembro, ás 20 horas, terá lugar no salón de actos do Sexto Edificio a presentación do libro Club Cisne Balonmano “50 años de historia”.

No acto intervirán ademais do autor, Rafael Sánchez-Agustinos, o presidente do Club Cisne, Santiago Picallo Búa e o responsable da organización do 50 aniversario, Alfredo Pazos Pérez.

O libro é un percorrido pormenorizado a través do medio século de existencia do Club. Historia, anécdotas e unha ampla selección de fotografías que recollen a traxectoria do Club Cisne BM desde o seus inicios no ano 1964 ata a actualidade.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra