Presentación de libro

Actualizado 29/12/2014 08:00

museo de pontevedra

O martes 30 de decembro presentarase no Sexto Edificio, ás 20 horas, o libro de Ángel Carracelas Requejo La huella de Pedro Madruga en Cristóbal Colón.

Trátase dunha obra que defende a posible dualidade entre Pedro Álvarez de Sotomayor —Pedro Madruga— e Cristóbal Colón, unha nova achega á tese do Colón galego.

Intervirán no acto, xunto co autor, o escritor e guionista Rodrigo Cota González e o artista Camilo Camaño Xestido.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra