Proxección de Noche ¿de paz? Holy Night!

Actualizado 29/12/2014 11:00

museo de pontevedra

O sábado, 3 de xaneiro, ás 17:30 h proxectarase no Sexto Edificio a película de animación Noche ¿de paz? Holy Night! dirixida por Juan Galiñanes. A entrada será libre ata completar aforo.

Trátase dunha película animada en Dixital 3 D, levada a cabo polos creadores de O bosque animado, Soño dunha noite de San Xoán e O espírito do bosque.

É unha divertida historia para toda a familia na que se conta como no salón dunha casa conviven dous mundos de xoguete: nun lado a árbore de Nadal, fogar de Papá Noel e os seus elfos. No outro, o Belén cos reis Magos e demais figuras do portal.

As dúas tradicións prepáranse para celebrar o Nadal, cando de pronto salta a alarma. A zorra de Papá Noel desapareceu e o Neno Xesús foi secuestrado. O Nadal está en perigo e ambos os dous mundos cúlpanse entre si, pero a verdadeira culpable anda solta…

A película estreouse en Cambados o pasado mes de novembro e estase a presentar en varias vilas galegas.

Abrir PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra