Domingos Musicais no Sexto

Actualizado 09/01/2015 12:00

museo de pontevedra

O próximo domingo 18 de xaneiro, ás 19:30h, o Sexto Edificio acollerá o concerto de Ignacio Izcaray, un compositor e cantante venezolano que reside en España.

Ignacio naceu no seo dunha familia musical, é neto dun comediante que se escapou dun seminario cunha bailarina, nun pobo que é máis música que pobo, Carora , no estado de Lara, Venezuela.

Gravou tres discos propios e participou como convidado en varios discos máis. As súas cancións foron interpretadas por destacados artistas venezolanos: Simón Díaz, Ilan Chester, Adriana Yocys, María Teresa Chacín, Cecilia Todd, Nancy Toro, Esperanza Márquez, Serenata Guayanesa, Gualberto Ibarreto, Luz Marina, Aquiles Machado, entre outros.

Tamén artistas doutros países, como a cubana Malena Burke, a colombiana María Isabel Saavedra, o cubano Paquito D'Rivera, Carmen Prieto de Chile ou a arxentina Magdalena León, entre moitos outros, interpretaron a súa música.

Gañou numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo como compositor. En outubro de 2011 foi designado como Orador de Orde do acto no que a Universidade Centro Occidental Lisandro Alvarado de Barquisimeto, lle outorgou o doutoramento Honoris Causa ao mestre Simón Díaz.

Recentemente participou como integrante da mesa de traballo sobre compositores iberoamericanos na primeira edición de EXIB Música - Expo de Música iberoamericana, en Bilbao, en maio de 2014.

O seu tema, Canto del nuevo milenio, interpretado por Simón Díaz, Edwin Trocel e a Orquestra Infantil de Guayana, foi transmitido por televisión en máis de 30 países no programa Millenium 2000, que coordinou a BBC

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra