José Barreiro. Santa María de Cela, un entorno máxico

Actualizado 05/02/2015 00:00

museo de pontevedra

Nesta exposición o pintor pontevedrés José Barreiro fai un percorrido pola súa vida a través da súa obra. Así pódense contemplar cadros que van dende a súa adolescencia pontevedresa ós seus anos mozos en París e Bos Aires, para rematar coas súas creacións en Santa María de Cela, engadíndolle ás súas pinturas unha serie de esculturas que complementan a mostra.

Pódese ver no Sexto Edificio do 6 de febreiro ó 15 de marzo de 2015.

Avalado por máis de medio século de traballo artístico e convertido xa nunha referencia identitaria do que foi a pintura galega máis recoñecible no ámbito internacional, entendendo aquela como unha fusión da tradición e de aspectos asimilables do vangardismo histórico, que naceron nas diferentes vertentes de l´École de Paris, José Barreiro afronta hoxe o seu papel coa paixón dos clásicos.

Para el, Santa María de Cela é traballar no taller totalmente tranquilo, relaxado, sen présas, gozando dunhas vistas marabillosas, unha casa de aldea nun lugar privilexiado e lonxe das visitas inesperadas. Un ámbito máxico.

A Exposición está comisariada por Celestino Lores e conta con textos do propio autor e de X. Antón Castro e Alberto Bargiela

VISITAS GUIADAS

Haberá visitas guiadas os venres ás 19 h, sen inscrición previa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra