Sinatura do acordo de dixitalización do epistolario e fondos documentais de Filgueira Valverde

Actualizado 03/02/2015 00:00

museo de pontevedra

Na mesa do que foi o seu propio despacho no Museo, acábase de asinar o acordo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Filgueira Valverde para a dixitalización do epistolario e fondos documentais de Filgueira Valverde.

Ramón Villares, presidente do Consello, e Fernando Filgueira, presidente da Fundación, asinaron o acordo en presenza da deputada provincial de Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o director do Museo, Carlos Valle.

O Museo de Pontevedra, institución que dirixiu durante moitos anos o célebre polígrafo pontevedrés, custodia o seu rico legado documental composto por máis de 450 caixas de arquivo.

6º Edificio do 13 de marzo ó 12 de abril de 2015

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra