Entroido 2015 para nenos e nenas

Actualizado 06/02/2015 00:00

museo de pontevedra

Mascarada: baile de gala é o título da actividade que o Gabinete Didáctico vai realizar neste Entroido para nenas e nenos de 5 a 12 anos. Consiste nun obradoiro e un baile de Entroido inspirado na obra de Raimundo de Madrazo, Moza con anteface, e nos bailes e festas que celebraba a elite social e cultural da Pontevedra do século XIX e primeiros anos do XX.

Antes do baile de gala, os participantes deben elaborar a súa propia máscara. Ademais achegaranse ó Entroido pontevedrés a través da reprodución de fotografías, revistas de moda, invitacións e carteis que forman parte dos fondos do Museo.

Lugar: Sexto Edificio

Días: luns 16 e martes 17 de febreiro

Idades:

Luns 16 : de 5 a 8 anos

Martes 17: de 9 a 12 anos

Horario: 11 a 13 horas

Prazas: 20 por quenda

É necesaria inscrición previa a través do Gabinete Didáctico: tlf. 986804100 extensión 42413 ou por correo electrónico en gabinetedidactico.museo@depo.es (recepción de correo-e de luns a venres de 8 a 15 horas).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra