María do Ceo presenta Soños cumpridos

Actualizado 24/02/2015 11:30

museo de pontevedra

A fadista portuguesa afincada en Galicia, María do Ceo, presenta o venres 27, ás 20 h no Sexto Edificio, o seu novo disco titulado Soños cumpridos.

Neste traballo inclúense nove cancións en lingua galega, con ritmos de fado, bolero, balada e un pasodobre e cinco composicións en lingua castelá, catro boleros e unha balada.

Para a produción deste libro-disco empregou a novidosa experiencia do micromecenado, un financiamento colectivo que fixo posible a gravación deste novo traballo que fai o número once da súa produción discográfica.

En http://mariadoceo.com/calbum/sonos-cumpridos/ podes escoitar como soa Castelao, un dos 14 temas incluídos neste álbum.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra