Teatro no Museo

Actualizado 02/03/2015 00:00

museo de pontevedra

No marco da celebración do Día Internacional da Muller, contaremos para a sesión do ciclo Teatro no Museo co grupo da Asociación de Mulleres O Noso Lar de Vilagarcía de Arousa, que presentará os sainetes Los planes de Milagritos e O mal de Andresiño. Será o sábado 7 de marzo, ás 20 horas no Sexto Edificio, con entrada de balde previa retirada do billete na recepción do museo.

O Noso Lar é unha asociación fundada en 1979. Dende entón leva anos organizando actividades socio culturais ás que se suma a creación dunha agrupación de teatro coa que veñen realizado diferentes actuacións benéficas. Actualmente colaboran co departamento da Muller e de Asuntos Sociais e Consumo do Concello de Vilagarcía.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra