Audicións de música clásica comentada 2015

Actualizado 06/03/2015 00:00

museo de pontevedra

O 14 de marzo, ás 11:30 h no Sexto Edificio, iniciarase a sexta edición das audicións de música clásica comentadas, dirixidas e presentadas polo profesor Manuel López-Benito.

Este curso constará de catro ciclos: “A música clásica nas encrucilladas da Historia” e “Grandes obras da música clásica” que se celebrarán no primeiro semestre do ano, quedando para o último trimestre “A música escénica” e “A orquestra sinfónica e os seus instrumentos”.

Como nos anos anteriores a asistencia é libre e gratuíta ata completar aforo. O horario é de 11:30 a 13:30 h.

PROGRAMA

A música clásica nas encrucilladas da Historia

A música non é allea ós acontecementos históricos nos que se produce da maneira que tantas veces se explica, e se entende, coñecendo a contorna e o momento no que se produce. Nestas catro xornadas das que consta o ciclo, analizarase e contextualizarase a música en catro grandes encrucilladas da Historia:

14 de marzo: Chopin no París de Luis Felipe I de Francia (1830-1848)

28 de marzo: A Música na Viena da Seccesion

18 de abril: A Música do barroco europeo despois da Guerra dos 30 anos e a paz de Westfalia

25 de abril: Mozart e a súa música trala Revolución Francesa

Grandes obras da música clásica

Neste bloque temático escoitaranse completas e estudaranse en profundidade desde o punto de vista programático, estético, histórico e musical, as seguintes grandes obras da Historia da Música Clásica:

Sinfonía nº 9 en re menor Op. 125 "Coral" de Ludwig van Beethoven

Sinfonía nº 2 en do menor "Resurrección" de Gustav Mahler

Bolero de Maurice Ravel

Concerto para piano e orquestra nº 2 Op. 18 de Sergei Rachmaninov

Sinfonía Fantástica Op. 14 de Hector Berlioz

Sinfonía nº 6 en si menor Op. 74 "Patética" de Pjtor Ilych Tchaikovsky

Datas: 23 e 30 de maio 2015; 6 e 13 de xuño

Abrir programa en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra