De modelo e musa a creadora

Actualizado 03/03/2015 00:00

museo de pontevedra

Desde o Museo queremos contribuír á celebración do Día Internacional da Muller cunha actividade específica na que apreciaremos a transformación da muller na sociedade e o seu papel dentro da historia da arte, desde a súa condición de modelo e musa dos artistas, ata o seu recoñecemento como creadora.

A actividade dividirase en dúas partes: un paseo pola colección do Sexto Edificio acompañados por María Tobío, membro do Gabinete Didáctico, destacando obras de creadoras femininas como Maruja Mallo, Julia Minguillón, María Antonia Dans, Tatiana Medal, Berta Cáccamo, Almudena Fernández… e unha posta en común da man da artista María Emilia Barreiro Augusta, EBA, quen nos invita a facer unha performance a través da exploración de diferentes técnicas, materiais e actividades cotiás das mulleres, para expresar sentimentos, o seu mundo interior e a súa creatividade.

Día: domingo 8 de marzo

Hora: 11:30 horas

Número de participantes: aforo libre

Lugar: Sexto Edificio

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra