Gala do festival de publicidade We Are Ads

Actualizado 05/03/2015 00:00

museo de pontevedra

O día 6 de marzo ás 20 horas, no Sexto Edificio, terá lugar a segunda Gala do Festival We Are Ads, un festival universitario de publicidade que se realiza do 2 ó 6 de marzo na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. Está composto por diferentes actividades: relatorios, obradoiros e un concurso.

No Museo proxectarase unha selección dos traballos presentados ó concurso e entregaranse os segundos e terceiros premios de todas as categorías, podendo deste modo coñecer os pontevedreses o talento e a creatividade do alumnado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

O acto que se celebra no Museo enmárcase dentro da colaboración e apoio da Deputación de Pontevedra coa Universidade de Vigo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra