La Suite Vollard de Picasso en las colecciones ICO

Actualizado 06/03/2015 00:01

museo de pontevedra

Esta mostra recolle a serie de cen gravados realizada por Pablo Picasso entre setembro de 1930 e marzo de 1937. Toma o seu nome de Ambroise Vollard, un dos influentes marchantes do célebre artista.

Retrato de Ambroise Vollard I, 04-03-1937
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP , Madrid, 2015

Minotauro ciego guiado por una niña en la noche, noviembre-1934
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP , Madrid, 2015

Mujer torero II, 20-06-1934
© Sucesión Pablo Picasso, VEGAP , Madrid, 2015
(Na colección do Museo, dentro do legado Sánchez Mesas – Fernández de Tejada, tamén contamos cun exemplar deste gravado)

Inicialmente composta por noventa e sete gravados, engadíronselle tres retratos de Vollard, ata completar os cen que a conforman.

Considerada a obra cumio do gravado do século XX, é unha especie de diario íntimo en imaxes do artista no que utiliza as técnicas da augaforte, buril, punta seca e augatinta.

VISITAS GUIADAS

Haberá visitas guiadas os xoves ás 19 h, sen inscrición previa.

Sexto Edificio. Do 13 de marzo ó 12 de abril de 2015

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra