Unha Semana Santa con sabor a arte

Actualizado 12/03/2015 11:00

museo de pontevedra

O Museo programa para esta Semana Santa unha completa axenda de actividades para todos os públicos nas que a cociña será o ingrediente esencial.

Está composta por cinco obradoiros para nenas e nenos, tres proxeccións cinematográficas e visitas guiadas para todos os públicos.

OBRADOIROS

Para os máis pequenos ofertaranse un conxunto de obradoiros de Cociña de Contos que serán impartidos por OQO. Unha forma de viaxar e coñecer diferentes países e a súa gastronomía a través da arte e os contos.

Os obradoiros son gratuítos e é precisa inscrición previa na Secretaría do Museo no teléfono 986 804 100, ext. 42436, ou no correo-e secretaria.museo@depo.es.

Contos a pedir de boca

Para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Duración: 50 minutos. Prazas: 50

Luns 30 de marzo, ás 11 horas. Salón de actos do Sexto Edificio

Coas mans na masa *

Para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Duración: 1 h 45 m. Prazas: 18

Martes 31 de marzo, ás 11 horas. Sexto Edificio

Europa á carta *

Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Duración: 1 h 45 m. Prazas: 18

Martes 31 de marzo, ás 17 horas. Sexto Edificio

Pintamos… con chocolate! *

Para nenos e nenas de 5 a 8 anos. Duración: 1 h 45 m. Prazas: 18

Mércores 1 de abril, ás 11 horas. Sexto Edificio

Do cadro ao prato *

Para nenos e nenas de 8 a 12 anos. Duración: 1 h 45 m. Prazas: 18

Mércores 1 de abril, ás 17 horas. Sexto Edificio

* Na última parte destes obradoiros os nenos visitarán a cociña do restaurante, no Edificio Sarmiento. Alí serán agasallados cun pequeno aperitivo, polo que rogamos que especifiquen na inscrición se os nenos teñen algún tipo de alerxia ou intolerancia a algún alimento.

SESIÓNS DE CINE

O cine tamén terá un papel destacado, xa que de luns a mércores se proxectarán tres películas nas que o argumento xira en torno á gastronomía.

No caso da sesión infantil deberán recollerse previamente os billetes na recepción do Sexto, para os outros dous pases a entrada é libre ata completar aforo.

Ratatouille. 2007, 110 min. EE. UU. Brad Bird

Película de animación para nenos e pais. Prazas: 240

Luns 30 de marzo, ás 12 horas. Salón de actos do Sexto Edificio

El chef, la receta de la felicidad, 2012. 85 m. Francia. Daniel Cohen

Todos os públicos. Prazas: 240

Martes 31 de marzo, ás 20 horas. Salón de actos do Sexto Edificio

18 comidas, 2010, 107 m. España. Jorge Coira

Todos os públicos. Prazas: 240

Mércores 1 de abril, ás 20 horas. Salón de actos do Sexto Edificio

VISITA GUIADA

Para todos os públicos realizarase unha visita guiada á colección permanente do Sexto Edificio do Museo que leva por título Os sabores da arte, na que os alimentos serán o fío condutor a través do tempo e das obras.

Neste caso a inscrición previa deberá facerse a través do Gabinete Didáctico no teléfono 986 804 100, ext. 42413, ou no correo-e gabinetedidactico.museo@depo.es

(Recepción de correo-e de luns a venres de 8 a 15 horas).

Os sabores da arte

Todos os públicos. Duración: 1 h. Prazas: 25 cada visita

Martes 31 de marzo e mércores 1 de abril, ás 19 horas.

Xoves 2 e venres 3 de abril, ás 12 horas. Sexto Edificio

AGASALLOS

Con motivo da apertura do restaurante de Pepe Vieira nas instalacións do Edificio Sarmiento do Museo, sortearanse cinco mandís entre os asistentes ó cine e ó obradoiro Contos a pedir de boca. Cada un dos participantes nos demais obradoiros e nas visitas guiadas recibirá un mandil de agasallo. O dos maiores virá firmado polo propio cociñeiro.
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra