Domingos Musicais no Sexto. Alejo García

Actualizado 17/03/2015 00:00

museo de pontevedra

O domingo 22 de marzo ás 19:30 horas, o cantautor Alejo García ofrecerá un concerto no Sexto Edificio do Museo, dentro do ciclo Domingos Musicais. A entrada será libre ata completar aforo.

Alejo García descríbese como un cancionista colombiano que propón na súa música unha mestizaxe sonora e conceptual entre a tradición popular americana e o mundo contemporáneo. Foi produtor dos seus propios discos e outros proxectos musicais, ademais de presentador de televisión. É membro da Fundación Barrio Colombia, entidade organizadora do FICIB (Festival Internacional de Canción Itinerante), da Corporación Cantandina, do Colectivo Dándole Cuerda, dos Latin Grammy e un dos fundadores da USM. Foi gañador de Bolsas de Creación 2005 e 2012 e Bolsa de Circulación 2013 Alcaldía de Medellín. Realizou concertos en Arxentina, Uruguai, Chile, Bolivia, Perú, Ecuador, España, Estados Unidos, Austria e nas cidades máis importantes de Colombia. No 2009, o seu disco Interior foi preseleccionado para os Latin Grammy e catalogado como un dos dez mellores discos do ano en Colombia pola Revista Semana, e nomeado cantautor do ano por esta mesma. No 2012 foi seleccionado como un dos dez mozos sobresaíntes de Colombia na categoría Logros Culturais. Para os meses de febreiro e marzo ten planeado realizar dúas xiras internacionais, unha en México e a outra en España.

Otro Cancionista (2014) é o seu último disco, unha compilación dos catro álbums editados por Alejo García: Americanito (2013), Interior (2009), Con el alma descalza (2005) y Buscando Luces (2002).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra