Teatro no Museo

Actualizado 01/04/2015 00:00

museo de pontevedra

Pinga Teatro fundouse profesionalmente no ano 2001. A súa primeira montaxe titulouse Historias breves, un ano máis tarde, en outubro do 2002, levaron a escena Ligazón, de Valle-Inclán e a partir de aí outras obras e espectáculos infantís e para todos os públicos, que representaron en varios puntos da comunidade.

Casting Tour, protagonizada por María Carrera, Miquel Condal e Xosé Manuel Conde, é un espectáculo que ofrece as probas de actores e actrices para unha telenovela de 400 capítulos con todas as linguas da península e subtítulos en inglés.

A comedia conta a historia dun representante do téxtil catalán que viaxa por toda a península en busca da diversidade interpretativa e non contaminada. Para iso, intentará encontrar en todos os pobos e lugares da pel de touro, un sistema innovador, tanto na produción do casting como na realización do mesmo, un risco que poucas producións asumirían.

A entrada será libre ata completar aforo, previa retirada do billete na recepción do Sexto Edificio

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra