Presentación do libro Amentalista

Actualizado 06/04/2015 00:00

museo de pontevedra

A escritora Tamara Andrés presentará o seu libro Amentalista no salón de actos do Sexto Edificio, o xoves 9 de abril ás 20 h.

Amentalista é unha novela curta publicada por Diversidad Literaria. A Amanda o mundo pésalle demasiado, por iso decide abstraerse del. Non obstante, a parede que interpuxo entre a súa corporeidade e a realidade non alixeirou a carga. Despois de converter voluntariamente o seu corpo nunha prisión, ela soa esnaquiza a chave. Como sairá dela mesma?

Este é o primeiro libro de Tamara Andrés Padín. A autora naceu e medrou en Combarro (Pontevedra), é graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e actualmente atópase en Santiago cursando un Máster de Estudos da Literatura e da Cultura. Na escritura, na que se iniciou a idade temperá, atopa unha vía de liberación e de reflexión. Vive entre palabras, libros e arte, e séntese identificada coa corrente surrealista belga.

A entrada ó acto é libre.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra