Obradoiros infantís de Restauración

Actualizado 08/04/2015 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra organiza tres obradoiros infantís de Restauración en colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Os participantes poderán coñecer de primeira man o labor levado a cabo día a día por estes profesionais da arte e familiarizarse con pezas de pintura, escultura e arqueoloxía.

Para participar será preciso anotarse previamente na Secretaría do Museo: Teléfono 986 804 100 ext. 42436, secretaria.museo@depo.es.

Todo o material será facilitado no propio espazo dos obradoiros, no Sexto Edificio do Museo.

OBRADOIRO DE PINTURA:

Data: sábado 18 de abril, de 11:30 a 13:00 h

Idades: de 5 a 7 anos

Prazas: 12

Contido: Eliminar repintes e gouache sobre óleo/lenzo.

OBRADOIRO DE ESCULTURA:

Data: sábado 25 de abril, de 11:30 a 13:00 h

Idades: de 8 a 12 anos

Prazas: 12

Contido: Reintegrar faltas en escultura e limpar esculturas de escaiola.

OBRADOIRO DE ARQUEOLOXÍA:

Data: sábado 9 de maio, de 11:30 a 13:00 h

Idades: de 8 a 12 anos

Prazas: 12

Contido: Traballo de reconstrución de macetas, moldes de petróglifos de escaiola.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra