Conferencias da Fundación Rutas del Románico

Actualizado 10/04/2015 00:00

museo de pontevedra

Organizado pola Fundación Cultural Rutas del Románico, vaise celebrar no salón de actos do Sexto Edificio, os días 16 e 17 de abril, un ciclo de catro conferencias dedicado á Arte en Galicia.

Xoves 16 de abril

18:30 h: O románico na provincia da Coruña: peculiaridades da arquitectura da Costa da Morte, por Mª del Pilar Carrillo Lista (Historiadora da Arte)

20 h: O Pórtico da Gloria compostelán: revisións e hipótesis, por David Chao Castro (Profesor do departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago)

Venres 17 de abril

18:30 h: Viaxar en busca do románico en España, por Carmen L. Corgo Selleiro (Directora do Arquivo Histórico Provincial)

20 h: A vida cotiá nun castelo medieval galego, por Julio Vázquez Castro (Profesor do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago)

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra