O Museo Científico

Actualizado 13/04/2015 00:00

museo de pontevedra

Unha das mellores formas de espertar a curiosidade e aprender é experimentando, por iso, a área de cristal do Sexto Edificio converterase por unha tarde e da man do equipo de Ciencia en Movimiento, nun museo científico con máis de 70 obxectos co lema “prohibido non tocar”.

Esta actividade realizarase o sábado 25 de abril con participantes de entre 12 e 18 anos que se organizarán en dous grupos en función da súa idade.

Einstein desenvolveu todo o seu enxeño a partir dun compás que lle regalou seu pai con 4 ou 5 anos. O seu tío Jacob Einstein (enxeñeiro) convenceu ó seu pai para que construíra un taller na súa casa (o seu laboratorio) que influíu moi positivamente na educación do mozo Einstein. Nós teremos 60 enxeños máis...

Preparádevos para vir ó Museo con ollos curiosos e poñer a ciencia en movemento!

- Primeiro grupo: de 17:00-18:30 horas (12-14 anos). 30 prazas

- Segundo grupo: 19:00-20:30 horas (15-18 anos). 30 prazas

Para participar nas visitas a estes novos obxectos introducidos por un día no espazo do museo é preciso inscribirse previamente chamando á secretaría do Museo: Teléfono 986 804 100 – ext. 42436, ou ben no correo electrónico secretaria.museo@depo.es.

A sesión das 19 h ampliouse para que puidesen participar nela adultos. Non é necesario inscribirse

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra