Arume Teatro representa a obra Agromar, de Filgueira Valverde

Actualizado 05/05/2015 00:00

museo de pontevedra

O sábado 16 de maio o ciclo Teatro no Museo estará dedicado ó homenaxeado no Día das Letras Galegas 2015, Xosé Filgueira Valverde. O grupo Arume Teatro será o encargado de representar a obra Agromar, ás 19 horas no salón de actos do Sexto Edificio. A entrada será de balde previa retirada dos billetes na recepción do Sexto.



Agromar, farsa para rapaces, é unha obra de teatro escrita en galego por Xosé Filgueira Valverde, publicada en 1936 baixo o pseudónimo de J. Acuña, que xa usara en varios artigos na revista Logos. O prólogo, que tamén o escribiu el, asinouno co seu propio nome.



Nela fai unha defensa e chamamento á salvagarda da tradición e os costumes auténticos do rural fronte á modernidade do espazo urbano. Para iso emprega como voz e protagonistas ós espíritos máis inocentes e francos da sociedade: os nenos.

O Grupo de Teatro Arume nace na primavera de 1978, ó longo destes anos representaron obras tanto en castelán como en galego, de carácter laico e relixioso. Desde o ano 1985 firma un convenio coa Deputación Provincial e comeza a actuar para esa entidade a través dos seus convenios culturais. En 1989 participou representando a Pontevedra na 13 Mostra de Teatro Afeccionado Galego-portugués na localidade de Medeiros e desde 1981 participa nas Xornadas de Teatro Afeccionado organizadas polo Concello de Pontevedra. Está incluído na Guía Oficial de Teatro, Música e Danza de Galicia. No ano 1985 Arume foi recoñecido oficialmente como Agrupación Cultural, o que os posibilita para organizar outras actividades ademais do teatro.


Elenco de actores

DON ENRIQUE: Juan García

NITO: Javier González

CHINTO: Rubén Ojea

GOROS: Tino Álvarez

FUCO: Félix Estarás

LOLO: Javier Maquieira

ANTÓN: Tino Lores

CHANO: Pablo Rodríguez

PERICO: Esteban Lorda

SEÑORITO: Jonatan Escribano

MUJER 1: Virginia Ojea

MUJER 2 : Mayka Freire

MUJER 3: Mª Carmen Rascado

MUJER 4: Antia Vilariño

MUJER 5: Natividad Bolaños

NIÑA 1: Ángela González

NIÑA 2: Paula Piñón

SON E LUMINOTECNIA : Fernando Ruanova

DECORADOS: Kantabudha

DIRECCIÓN: Jorge Torres

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra