Noite dos Museos

Actualizado 08/05/2015 00:00

museo de pontevedra

Para celebrar a Noite dos Museos que terá lugar o sábado 16 de maio o Gabinete Didáctico presenta dúas propostas, unha para público infantil e outra para adultos

Trátase de actividades gratuítas para as que é necesaria a inscrición previa no correo electrónico gabinetedidactico.museo@depo.es ou no teléfono 986 804 100, extensión 42413 (en horario de oficina de luns a venres de 8:00 a 15:00h).

Ademais, o Sexto Edificio e o edificio Sarmiento permanecerán abertos ó público ata as 24:00 h.

O XOGO DOS SEIS

É un xogo de mesa, pero realizado en formato xigante, coa intención de que os propios nenos e nenas sexan as fichas do taboleiro.

Chámase O Xogo dos Seis porque as diferentes preguntas e probas que os participantes terán que superar xiran arredor dos seis edificios que compoñen o Museo de Pontevedra e as coleccións que estes albergan.

Tipo de actividade: xogo Didáctico

Idades: 8 a 13 anos

Hora: 17:30

Punto de encontro: Sexto Edificio

Duración: 2 horas

Número de participantes: máximo de 12 nenos/as

O DIARIO SECRETO

Aproveitando a case coincidencia da Noite dos Museos coa celebración do Día das Letras Galegas, dedicada este ano ó que foi director do Museo, José Fernando Filgueira Valverde, a visita xirará en torno ó achado inesperado no arquivo do vello profesor dun diario descoñecido no que agochou unha serie de mensaxes secretas que é preciso descifrar para poder coñecer o seu contido.

Por iso propoñemos a todas aquelas persoas que o desexen que nos axuden a descubrir os secretos que nel se gardan.

Tipo de actividade: visita dinamizada

Destinatarios: mozos e adultos

Hora: 22:00h

Punto de encontro: Sexto Edificio

Duración: 90 minutos

Número de participantes: máximo de 50

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra