Presentación do núm. XXXI de Cadernos Ramón Piñeiro dedicado a Filgueira Valverde

Actualizado 11/05/2015 00:00

museo de pontevedra

A Xunta de Galicia, por medio do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, réndelle homenaxe ó persoeiro elixido pola RAG para conmemorar as Letras Galegas 2015 co Cadernos Ramón Piñeiro XXXI. Xosé Filgueira Valverde. Homenaxe. Quíxose con primor e feitura.

A presentación da publicación terá lugar no Sexto Edificio, o xoves 14 de maio ás 18 h.

A obra, coordinada por Luís Cochón no marco do proxecto Cadernos Ramón Piñeiro, integra un heteroxéneo conxunto de breves estudos pertencentes a aqueles eidos do saber que cultivou o humanista erudito Filgueira Valverde. Recompila preto dunha trintena de traballos, rigorosos e anotados, feitos por especialistas, que discorren polos vieiros da historia, da literatura, da biografía, do pensamento e doutros asuntos relacionados sempre con Galicia.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra