En paralelo: Noites de literatura e cine

Actualizado 12/05/2015 00:00

museo de pontevedra

Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, presentará toda a obra de Filgueira Valverde publicada por esta editorial, na charla Contextualizando a Filgueira Valverde que terá lugar no Sexto Edificio este venres ás 20 h.

A continuación proxectarase o documental do mesmo título dirixido por Gonzalo Veloso.

No documental constrúese a personalidade de Filgueira Valverde a través das voces dos participantes e a atmosfera que se crea pola utilización de imaxes de arquivo, tanto fotográficas como audiovisuais.

O ton da película é distendido grazas ás intervencións espontáneas dos participantes, o que non resta unha clara vontade de obxectividade, que se manifesta nunha montaxe que non foxe dos espazos de diverxencia e heteroxenidade conceptual para que sexa o espectador o que compoña o personaxe.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra