I Xornada Oncolóxica de Nutrición e Estética

Actualizado 19/05/2015 00:00

museo de pontevedra

Este venres 22 de maio o Museo cede as súas instalacións para a celebración dunha xornada oncolóxica de nutrición e estética organizada pola ortopedia Acceda en colaboración con Sendo, centro de prevención da dependencia e co apoio da AECC (Asoc. Española contra o cancro) e ADICAM (Asoc. de Diagnosticad@s de Cancro de Mama).

Programa:

17:30. Presentación da Xornada

María Tristán Otero (Directora de SENDO Centro de Prevención da Dependencia e Promoción da Autonomía e a Saúde)

17:45. Taller de Nutrición Oncolóxica

Flora Lamazal Pérez (Enfermeira na Unidade de Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo)

18:15. Taller de Estética Oncolóxica

Belén Novegil Santiago (Estilista/perruqueira de SENDO)

19:00 h. Desfile de lenzaría e baño

As modelos que desfilan serán mulleres mastectomizadas e durante o desfile, terá lugar un sorteo entre as asistentas de traxes de baño específicos para elas.

A entrada será libre ata completar aforamento.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra