Carmen Quinteiro presenta o seu libro Caleidoscopio

Actualizado 26/05/2015 00:00

museo de pontevedra

O venres 29 de maio ás 20 horas, no Sexto Edificio, Carmen Quinteiro presentará o seu libro que leva por título Caleidoscopio.

Este é o seu primeiro libro e nel pon por escrito as distintas miradas que ofrece a vida en cada xiro. A publicación contén microrrelatos, hiperbreves e poemas.

Na presentación estará acompañada, ademais de pola deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, polos músicos Franc Gorriz e Miguel Tenorio, que porán un toque de música á lectura dalgún dos textos.

Carmen naceu en Pontevedra e ten 44 anos. Ela mesma conta que escribe dende hai sete anos e desde que empezou, xa non sabe nin quere saber como parar. Na contraportada do libro aparece este poema co que a autora se identifica especialmente:

Que no todo vale,

pero sí hacerle trampa a los miedos para que no hagan nido en mí.

Cable rojo o azul

sin mapa ni instrucciones,

que por eso a veces salto en mil pedazos;

pero cuando no,

aprovecho la tregua

para vestir vidrieras con los restos de mis naufragios.

Y que sigo tapando huecos

con lo que me traje de infancia en los bolsillos.

Así, a sonrisa y media del suelo,

no me busques en ninguna otra parte.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra