Ciclo de concertos Seráns do Conservatorio no Museo

Actualizado 27/05/2015 00:00

museo de pontevedra

Os martes 2 e 9 de xuño ás 20 h, o Sexto Edificio acolle a quinta edición do ciclo de concertos Seráns do Conservatorio no Museo a cargo de profesores e alumnos do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra.

Interpretarán música dos seguintes compositores: Johann Sebastian Bach (1685-1750), Carl Friedrich Abel (1723-1787), Francesco da Milano (1497-1543), Joan Ambrosio Dalza (¿?-1508), Alessandro Piccinini (1556-1638), Pierre Attaignant (1494-1552), Pierre Phalese (1510-1573), José Marín (1618-1699), Juan Hidalgo (1614-1685), Franz Xaver Hammer (1741-1813.ca), Gaspar Sanz (1640-1710), Santiago de Murzia (1673-1739), Antonio Calvi (S. XVII), Marin Marais (1656-1728), Giovanni Baptista Sammartini (1700-1775), François Campion de Pontalier (1731-1812), Estienne du Tertre (s. XVI), Biagio Marini (1594-1663) e Giuseppe Torelli (1658-1709).

A entrada ós concertos é libre, ata completar aforo.

VER PROGRAMA EN PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra