Presentación do libro Cousas de nenos. Unha aproximación á representación da infancia en Cousas da vida de Castelao.

Actualizado 29/05/2015 00:00

museo de pontevedra

O mércores 3 de xuño ás 20 h preséntase no Sexto o libro Cousas de nenos. Unha aproximación á representación da infancia en Cousas da vida de Castelao do que son autores Diana Vilas Meis e Óscar Rodríguez García. Está editado pola Deputación de Pontevedra e o prólogo é de Valeriano Bozal.

Diana Vilas Meis (O Grove, 1986)

Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Universidade de Vigo.

Na actualidade, profesora contratada (Predoutoral-Xunta de Galicia) na área de Historia da Arte na Universidade de Vigo, con docencia nos graos de Xeografía e Historia e Turismo, e investigadora en formación en calidade de doutoranda, como membro do grupo de investigación Arte e Cidade (AH2) da Universidade de Vigo.

Membro do Proxecto de I+D: HAR2012-30673 “Castelao. Obra Gráfica: La construcción de un discurso estético, político y social transoceánico (1910-1950)”.

Membro da Aula Castelao de Filosofía e coordinadora da Semana Galega de Filosofía desde o ano 2010.

Óscar Rodríguez García (Ourense, 1980)

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo. Experto universitario en Turismo e Marketing pola UNED.

Máster en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Universidade de Vigo.

Profesor de Ensino Secundario na especialidade de Xeografía e Historia desde 2008, con destino definitivo no IES Illa de Ons (Bueu).

Vicepresidente da Aula Castelao de Filosofía desde 2012 e coordinador da Semana Galega de Filosofía desde o ano 2008.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra