Exposición Pedro Solveira. El eterno comienzo

Actualizado 02/06/2015 00:00

museo de pontevedra

Desde o 5 de xuño o Museo acolle a exposición Pedro Solveira. El eterno comienzo, unha retrospectiva do artista vigués que permanecerá aberta ó público ata o 5 de xullo no Sexto Edificio.

A mostra recolle arredor de 170 obras producidas entre 1944 e 2015 nas que foi utilizando diferentes técnicas.

Pedro Solveira naceu no barrio de Teis en 1932. A partir do ano 1944 empeza a realizar estudos de litografía e litografía industrial. Practica, co seu pai, técnicas sobre cromado, niquelado e pavonado.

En 1949 viaxa a Francia. En París o arquitecto Rafael Leoz preséntalle a Le Corbusier, que marcará a súa obra posterior.

Regresa a Vigo en 1955. Instala o seu estudio na rúa Coutadas 27. Crea a técnica “pintura ó esmalte sobre ferro cicelado” coa que desenvolve a súa obra figurativa. Estuda co seu amigo o gran arquitecto José Bar Boo o “modulor” de Le Corbusier que máis tarde aplicará como sistema de medidas.

A finais dos 60, despois de varias exposicións por España, comeza a súa andadura internacional. Desde entón exporá en Caracas, Buenos Aires, París, Xénova, Xenebra, Tokio, Berlín, Londres, Nova York, Cleveland, Filadelfia, Chicago, Detroit, Boston, Brasilia, São Paulo, Budapest, Praga, Porto, Coimbra, San Francisco, Los Ángeles, San Diego…

A súa obra irá pasando por diferentes fases.

Deriva na evolución da súa técnica á “oxidación sobre ferro cicelado” e adéntrase fundamentalmente en el mundo del espazo.

Na década dos 90 mergúllase en procesos de creación coma o grattage, dripping, collage, frottage… Elixe a madeira como soporte nunha obra de nova concepción constructivista. Aplica ácidos, sílices, carborundum. Centos de maquetas en cartolina ou madeira son reflexo de novos proxectos. Aparece a súa obra en metacrilato como soporte de baleiro para formas de gran perspectiva. Incorpora espellos con diversos azougues e outros materiais.

En 2006 incorpora á súa obra outro material: PVC. Os resultados obtidos considéraos óptimos.

Na actualidade segue traballando nos seus estudios de Vigo e A Guarda.

VISITAS GUIADAS

Todos os xoves ás 19h o Gabinete Didáctico realizará visitas guiadas a esta mostra. Non será precisa inscrición.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra