Teatro no Museo. 105 Besos presenta Déjame en paz

Actualizado 11/06/2015 00:00

museo de pontevedra

O sábado 20 de xuño ás 20 horas, o ciclo Teatro no Museo trae ó Sexto Edificio ó grupo 105 Besos, que estreará a obra Déjame en paz.

Premer nas imaxes para ampliar

Trátase dunha obra que recolle a experiencia de moitos mozos e mozas que reciben unha e outra vez a mensaxe que dá nome a esta peza. Mozos e mozas moi diferentes pero que comparten a sensación de sentirse rexeitados nunha sociedade que non está preparada para ser amable coas persoas diferentes. Mozos e mozas repletos de soidade, que buscan a compaña coa rabia que xera a impotencia.

105 Besos Teatro nace no ano 2010 dun grupo de compañeiros actores con ganas de facer cousas distintas das que levaban feitas ata ese intre. Na Escola de Teatro que leva o seu nome pretenden seguir aprendendo xuntos e para iso ofrecen clases de teatro, Expresión corporal, Maquillaxe, Relaxación, Dramatización e Desinhibición. Ademais ofertan aniversarios teatralizados, teatro para bebés, xincanas familiares e campamentos urbanos de teatro.

A entrada será libre ata completar aforo, previa retirada do billete na recepción do Sexto.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra