Presentación do libro Género y ciudadanía. Un debate actual iluminado por las estrellas de la noche griega, de Modesto Barcia Lago

Actualizado 15/06/2015 00:00

museo de pontevedra

O xoves 18 de xuño ás 20 horas, Modesto Barcia Lago presentará no Sexto Edificio o libro titulado Género y ciudadanía. Un debate actual iluminado por las estrellas de la noche griega, editado pola Deputación de Pontevedra.

Nel o autor faise preguntas como: pode postularse “o xénero” como categoría xurídico - política da Democracia pospatriarcal? Resulta compatible o concepto de “cidadanía de xénero” no marco do Estado Democrático de Dereito?

No estudo o autor, coas leccións da historia greco - antiga, afronta de xeito polémico os mitoloxemas, presupostos, actitudes e aporías de tal ideoloxía de xénero e pronúnciase pola confluencia de homes e mulleres na construción dun espazo pospatriarcal de fisionomía cívica e liberdade.

Modesto Barcia Lago é avogado, doutor en Dereito, licenciado en Filosofía e Ciencias Políticas. Posúe a Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort, a Cruz ó Mérito no Servizo da Avogacía Española e é Numerario da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra