De musa ou modelo a creadora

Actualizado 23/06/2015 00:00

museo de pontevedra

Recóllese neste artigo a experiencia que se realizou no Sexto Edificio o pasado 8 de marzo en que celebramos o Día da Muller.

A proposta estruturouse en tres partes. Na primeira María Tobío realizou coas persoas participantes un percorrido pola obra de diferentes mulleres artistas representadas na colección do Museo.

Na segunda a artista Mª Emilia Barreiro Augusto abordou o papel das mulleres co tempo, elaborando un happening tomando as súas propias obras como punto de referencia.

Na terceira, esta mesma artista, realizou actividades cos asistentes que de forma individual ou en pequenos grupos realizaron a súa propia performance utilizando como materiais o seu propio corpo, maquillaxe (pintalabios, lapis de ollos...), unha cámara fotográfica ou un móbil e unha serie de tarxetas con binomios de palabras antónimas, como: "modelo - creadora", "artesá - artista", "submisión - liberdade", "confianza - inseguridade", "silencio - palabra", "capacidade - discapacidade", "agresividade - tranquilidade.

Ver artigo completo en Pdf

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra