Noites de Música Antiga

Actualizado 26/06/2015 00:00

museo de pontevedra

O venres 3 e o sábado 4 de xullo, ás 22 h, celébrase a VII edición do ciclo de concertos de Música Antiga nas Ruínas. Como nesa data o emblemático edificio medieval que dá nome o ciclo aínda non estará completamente rehabilitado, o escenario será o patio do claustro do edificio Sarmiento

DÚO EMILIO VILLALBA E SARA MARINA. Venres 3 de xullo ás 22 h
MÚSICA E LENDAS MEDIEVAIS


Emilio Villalba e Sara Marina, somérxennos polo fantástico mundo das lendas medievais, un mundo onde se mesturan a fantasía e a realidade, o amor e a morte. El horno de las Brujas, Tristán e Isolda, El anillo de la Doncella... Historias que acompañarán interpretando músicas medievais con instrumentos como a arpa, a zanfona, a viola, o salterio, ó máis puro estilo dos vellos trobadores.

VER PROGRAMA EN PDF

ENSEMBLE MUSICANTES. Sábado 4 de xullo ás 22 h
ONDAS DO MAR DE VIGO
Música da Baixa Idade Media


Os instrumentos que utiliza o grupo (cítoa, laúde medieval, laúde árabe, rabel, salterio, chicotén, percusión, frautas, gaitas, chirimía, viola de roda e fídula), son reproducións de instrumentos orixinais da época, inspirados na iconografía existente no noso país, como o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, a táboa dos irmáns Serra do Museo de Arte de Cataluña, miniaturas das Cantigas de Santa María, frescos da parroquia de San Esteban de Sos del Rey Católico (Zaragoza), etc.

O seu repertorio abrangue desde o século XIII ó século XV (música monódica da Idade Media, polifonía do Ars Nova e comezo do Renacemento) e está formado por Cantigas de Santa María, Llibre Vermell de Monserrat, Danzas francesas, inglesas e italianas, estampidas, saltarellos, lamentos, música sefardí e andalusí, etc.

VER PROGRAMA EN PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra