Visitas de Verán 2015

Actualizado 29/06/2015 00:00

museo de pontevedra

VISITAS GUIADAS PARA INDIVIDUAIS (De martes a venres. Do 1 de xullo ó 28 de agosto)

A partir do mércores 1 de xullo, o Gabinete Didáctico do Museo pon en marcha as visitas guiadas de verán cunha quenda de mañá e outra de tarde. Nestes percorridos, pensados para todo o público que visite o museo neste tempo estival, farase un breve paseo polos edificios Sexto e Sarmiento destacando algunhas das obras principais da colección do Museo.

Horario: pola mañá ás 12:00 h e pola tarde ás 19:00 h

Duración da visita: aproximadamente 1 h

Punto de encontro: Sexto Edificio

Número máximo de participantes: 25

Non require inscrición previa

A RUTA NOCTURNA DO MUSEO

Como celebración do aniversario do museo que abriu as súas portas o 10 de agosto de 1929, un ano máis levarase a cabo a Ruta Nocturna do Museo durante o mes de agosto. Esta visita consiste nun percorrido pola historia dos edificios que conforman o Museo pero cunha ollada diferente baixo a luz e as sombras do horario nocturno. No percorrido farase fincapé nalgunha das obras máis relevantes do conxunto do Museo.

Mes: agosto

Días: venres 21 e 28

Hora: 21:00 h

Punto de encontro: Ruínas de San Domingos

Número máximo de participantes: 30

Con inscrición previa: gabinetedidactico.museo@depo.es ou chamando ó teléfono 986 804 100 extensión 42413 (horario de atención de correos e chamadas: de 8:30 a 14:30 horas).

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra