Exposición Premios Novos Valores 2015

Actualizado 29/07/2015 10:00

museo de pontevedra

As obras premiadas e todas as seleccionadas no certame Premios Novos Valores 2015 mostraranse do 31 de xullo ó 30 de agosto no Sexto Edificio. A exposición estará composta polos 36 traballos seleccionados polo xurado de entre os 104 presentados.

O xurado adxudicou os seguintes premios:

1º Premio:

NEREA LORES ACUÑA pola súa obra Serie s/t (partitura)


2º Premio:

BORJA SANTOMÉ RODRÍGUEZ polo seu vídeo Historia cerebro


3º Premio:

CRISTINA DURÁN MARTÍNEZ por s/t. Serie retratos

IATIR FERNÁNDEZ PIDAL por Vacuo Silencio


4º Premio:

MARÍA JOSÉ PRADA RODRÍGUEZ por Le pli

PABLO RODRÍGUEZ BARREIRO por s/t Serie “Empilhamentos”

AARÓN SANROMÁN COMESAÑA por Contenibles I


O primeiro premio está dotado con 4.000 €, o segundo con 3.000 €. Cada un dos doos terceiros premios con 2.000 € e cada un dos tres cuartos premios con 1.000 €.

O xurado estivo presidido por Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada e presidenta da Comisión de Cultura e contou cos seguintes vogais: Juan Fernando de Laiglesia González de Peredo, escultor e catedrático de escultura da Universidade de Vigo; Francisco Porto Varela, director da revista de arte contemporánea Latamuda; Paula Cabaleiro Comesaña, xestora cultural; Silvia García González, decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Carmen Mª Hermo Sánchez, artista; Fátima Cobo Rodríguez, coordinadora de exposicións, en representación do Servizo de Cultura. Exerceu de secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura.

Ver acta do Xurado

Todas as obras seleccionadas están recollidas nun catálogo dixital que se pode descargar nesta páxina.

Catálogo para visualizar

Catálogo para imprimir

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra