A revolución de Atón en Exipto: antecedentes e consecuencias

Actualizado 10/07/2015 00:00

museo de pontevedra

Do 27 ó 29 de xullo o salón de actos do Sexto Edificio do Museo acolle o curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo que leva por título A revolución de Atón en Exipto: antecedentes e consecuencias

Está dirixido por Francisco Martín Valentín, director do Instituto de Estudios del Antiguo Egipto de Madrid. El foi, xunto á exiptóloga Teresa Bedman González, secretaria deste curso, o director científico e museístico da exposición Da vida á morte no Antigo Exipto que se puido ver o pasado verán no Museo.

A matrícula para este curso debe facerse na Secretaría de Alumnos da UIMP. (Teléfono 981 140 790. Correo electrónico: galiciasa@uimp.es, www.uimp.es).

VER MÁIS INFORMACIÓN E PROGRAMA

A Deputación de Pontevedra oferta bolsas para o que se precisa cubrir o formulario seguinte e entregalo no Rexistro Xeral.

DESCARGAR FORMULARIO

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra