Ciclo de música Sons no Ar-co VIII

Actualizado 13/07/2015 00:00

museo de pontevedra

Os grupos BLACK STONES e ANTILIA protagonizarán a oitava edición do ciclo de concertos Sons no Ar-co que o organiza o Museo na rúa, á beira do arco da ponte que une os edificios Castro Monteagudo e García Flórez.

VENRES 17

O venres 17 de xullo, ás 22:00 h, abrirá o ciclo o grupo pontevedrés BLACK STONES que fai unha homenaxe ós grandes grupos británicos e americanos dos anos 60 e 70.

O grupo, que nacera na cidade de Pontevedra en 1968, está composto na actualidade por Toño Carbajo, guitarra e voz, Tino Domínguez, guitarra e voz, Santi López, guitarra e voz, Armando Guerra, baixo, Fredy Nistal, batería e voz e Jaime Carbajo, guitarra solista e voz.

Medio siglo e Black Stones forever, son os dous discos que teñen actualmente no mercado.

SÁBADO 18

Ás 22 h actúa o grupo ANTILIA composto por María Costas, letrista, cantante e profesora de canto, José Churruca, compositor e guitarrista,Noly Torres, batería e percusión, e Pablo Vidal , contrabaixista, compositor e produtor.

As composicións de ANTILIA teñen un sabor atlántico, aberto, nostálxico, pero tamén diáfano e vital. Non deixan a ninguén indiferente; teñen influencias do jazz, blues, rock sinfónico e achegas do folk, cun toque de sofisticación nos arranxos, fuxindo do obvio, do fácil encadramento. Uns textos poéticos en galego que conseguen fío directo co público e van mais alá dos lugares comúns.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra