Presentación do libro Unha viaxe de ruminantes, de Baia Fernández De La Torre

Actualizado 14/07/2015 00:00

museo de pontevedra

O xoves 16 de xullo ás 20 horas, Baia Fernández De La Torre presenta no Sexto Edificio o seu libro titulado Unha viaxe de ruminantes.

Nel a autora fala dunha viaxe cara o mundo interior, paso a paso, capa por capa debullando as emocións para mirar de fronte aquilo que se nos presenta. Unha invitación a sentir, a transmutar as vivencias en aprendizaxe de vida a través desta miscelánea onde hai medo, aceptación, ledicia, amor... A mostra dunha persoa espida entre verbas que convida a mergullarse con ela.

Baia Fernández De La Torre defínese como creativa e esta condición exprésaa en distintos campos como a perruquería, a maquillaxe, a fotografía... Realiza talleres da risa e relaxación e terapias alternativas coma o reiki. Leva anos facendo teatro da man de Miro Magariños e creou o seu propio espectáculo poético teatral chamado Puntada sobre puntada. Entre estes múltiples oficios e outras tantas afeccións, o novo xeito de expresión que está experimentando é a escritura, que para ela non é máis que unha nova maneira de compartir e expandirse.

A presentación do libro correrá a cargo de Miro Magariños, que acompañará á propia autora e contará cun toque musical. A entrada será libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra