Concerto de Gustavo Almeida & Amigos

Actualizado 30/07/2015 00:00

museo de pontevedra

O Museo de Pontevedra acolle a II edición do concerto de Gustavo Almeida & Amigos, que de novo será ás portas das festas da Peregrina, o venres 7 de agosto ás 21:30h no Sexto Edificio.

Gustavo contará coa música e a voz das galegas Yoly Saa e Sheila Patricia, o cubano Reynier Aldana e desde Madrid, o seu paisano Pedro Moreno.

A parte poética poñerana Baia Fernández e Carmen Quinteiro cos seus libros recentemente presentados e o teatro volverá da man da Escola de Teatro 105 Besos.

A banda estará formada por Alejandro Rey Díaz (batería), Reynier Aldana (baixo) e o venezolano afincado en Madrid Alejandro Milohnoja (piano), ademais do propio Gustavo Almeida nas guitarras.

A entrada será libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra