Concerto A la luz de los candelabros

Actualizado 03/08/2015 00:00

museo de pontevedra

O tradicional concerto A la luz de los candelabros que anualmente ofrecen no Museo de Pontevedra os alumnos bolseiros asistentes ós cursos internacionais de Música en Compostela, que se inauguraron en Santiago o domingo, día 2 de agosto, celebrarase, na súa edición número cincuenta e seis, o vindeiro sábado, día 8, ás 20:00 h, no Sexto Edificio.

Os Cursos Universitarios e Internacionais Música en Compostela foron creados en 1958 por iniciativa do mestre Andrés Segovia.

O director a Real Academia de San Fernando, Francisco Javier Sánchez Cantón, propuxo a cidade de Santiago e Nenina Fabrique de Ruiz Morales acuñou a expresión Música en Compostela.

Dous anos despois instituíuse o costume de realizar un concerto na cidade de Pontevedra, tendo ó Museo como sede, e desde entón ambos eventos manteñen a súa cita anual constituíndo xa unha tradición que os alumnos bolseiros de asistentes a estes cursos, que superan o centenar e adoitan pertencer a máis de vinte nacionalidades, ofrezan ó público da cidade do Lérez un coidado programa musical como parte do seu traballo nas aulas

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra