Ponteversus 2015

Actualizado 25/08/2015 00:00

museo de pontevedra

O venres 28 de agosto ás 20 horas, o Sexto Edificio do Museo acollerá a celebración do recital poético Ponteversus 2015.

Trátase dun encontro de poetas que dá cabida e prioridade ós poetas locais en lingua galega e castelá, entre os que se encontran autores de renome con libros xa publicados. Entre os artistas participantes están: Carmen Castejón, Olga Vidal Vidal, Rosario Miloro Costas, Benito Piñeiro, Marisa Lozano Fuego, Conchi Sedano González, Esther González Sánchez, Isabel García Uría, Wladimir Dragossan, Matilde Veiga Alén, Merce Pérz Jorge, Marisa Pintos e Xabier Castro Suárez.

Contarán tamén coa intervención dun cantautor que completará a parte musical.

A entrada será libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra