Feira Franca 2015 no Museo

Actualizado 26/08/2015 00:00

museo de pontevedra

O Museo súmase un ano máis á celebración da Feira Franca na cidade, non só engalanando algúns dos seus balcóns, se non tamén coa realización, nos soportais do edificio Fernández López, na praza da Leña, dun obradoiro de heráldica no que os nenos e nenas poderán crear o seu propio escudo cos elementos que identifican os seus apelidos familiares.

O obxectivo desta actividade é a de achegarlles o mundo da heráldica desde a súa orixe para unha maior comprensión, a través da colección de escudos do Museo, do papel que xogaron na identificación das principais liñaxes da nobreza galega.

O Obradoiro de Heráldica celebrarase o sábado, 5 de setembro, de 11 a 14 h e de 17 a 19:30 h. Non é precisa inscrición previa.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra