Nós. Palabras e música contando unha historia.

Actualizado 17/09/2015 00:00

museo de pontevedra

O sábado 19 de setembro Carmen Quinteiro, acompañada dos músicos Franc Gorriz e Miguel Tenorio, presentará a súa proposta escénica que leva por título Nós. A cita será ás 20 horas no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.

Logo da presentación do seu libro de poemas Caleidoscopio, a autora volve ao mundo das palabras contando unha historia, unha experiencia que ela mesma describe como “unha viaxe polas emocións levadas da man da música”.

A entrada será libre ata completar aforo.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra