Audicións de música clásica comentada 2015. Outono de 2015

Actualizado 25/09/2015 00:00

museo de pontevedra

O 10 de outubro retomaremos as audicións de música clásica comentadas, dirixidas e presentadas polo profesor Manuel López-Benito cos ciclos “A orquestra sinfónica e os seus instrumentos” e “A música escénica”, no salón de actos do Sexto Edificio.

O primeiro destes ciclos, dedicado ó estudo dos instrumentos da orquestra terá lugar os sábados 10, 17, 24 e 31 de outubro, de 11:30 a 13:30 h. O segundo, “A música escénica”, celebrarase os venres 13 e 20 de novembro e 4 e 11 de decembro de 2015; de 19:30 a 21:30 h.

Como é habitual a asistencia a estes cursos é gratuíta e libre ata completar aforo.

PROGRAMA

A orquestra sinfónica e os seus instrumentos

As audicións comentadas deste curso servirán de exemplos sonoros para o estudo comparado dos diferentes instrumentos da orquestra sinfónica, as súas calidades tímbricas, os afectos que producen, e as maridaxes que poden formar con outros instrumentos. Estes son algúns dos aspectos que analizaremos neste ciclo do Curso de Apreciación Musical 2015. Completaremos a unidade didáctica analizando a importancia da dirección orquestral e a súa evolución ó longo da Historia.

Datas: 10, 17, 24 e 31 de outubro 2015

A música escénica

Neste novo ciclo titulado “A música escénica”, completaremos os tres anteriores que dedicamos á ópera ampliando o noso estudo con tres novos xéneros: a zarzuela, a opereta e o ballet. Deste xeito obteremos unha visión xeral da importancia da música escénica e o seu devir histórico. Veremos e estudaremos as seguintes obras:

13 de novembro. Luisa Fernanda: zarzuela, comedia lírica en tres actos, con música de Federico Moreno Torroba e libreto de Federico Romero Sarachaga e Guillermo Fernández-Shaw.

20 de novembro. A bela dormente: ballet nun prólogo e tres actos con música de Pjtor Ilich Tchaikovsky e coreografía de Marius Petipa

4 de decembro. O Morcego: opereta cómica en tres actos con música de Johann Strauss II e libreto de Carl Haffner e Richard Genée.

Incluímos no ciclo unha nova ópera, neste caso:

11 de decembro. Lucía de Lammermoor: drama tráxico en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto de Salvatore Cammarano.

Descargar programa en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra